Que é Encrucillada

Encrucillada é unha publicación bimestral que desde o 27 de febreiro de 1977 aparece ininterrompida e puntualmente en números de cen a cento vinte páxinas que conteñen artigos de diversa factura e extensión.

Editada inicialmente por SEPT, actualmente conta con total autonomía de edición, e a súa redacción e administración ten a súa sede en Santiago. Desde o inicio da súa andaina foi dirixida polo teólogo e académico Andrés Torres Queiruga, teólogo e profesor da Universidade de Compostela, que segue á frente da Asociación Encrucillada. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas.

Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Número 168, xuño-xullo de 2010

  • Guieiro

    Por: Pedro Castelao

  • Presenza pública da relixión

    Por: Andrés Torres Queiruga

  • A crise e os seus custos, tributación e distribución

    Por: Santiago González Avión

  • Novoneyra. A misa sobre a terra

    Por: Marica Campo

  • Poema

    Por: Uxío Novoneyra

  • Prima nótula (Novoneyra)

    Por: Manuel Cochón

  • Na morte do meu pai

    Por: Pedro Fernández Castelao

  • Vida artificial? A célula bacteriana de J. Craig Venter

    Por: Xosé Manuel Caamaño López

  • Carme Puente

    Por: Isabel Turnes e Manuel García

  • Carme, algo bo

    Por: Beatriz García Turnes

  • Evocación do Padre Peteiro

    Por: Mari Carme Cervera

  • Cando a crise se transforma en oportunidade

    Por: Xosé Luís Barreiro Rivas

  • Novoneyra (1930-1999), o poeta do Courel

    Por: Xoán Bernárdez Vilar

  • Algo bo ha saír de todo isto

    Por: Rubén Aramburu Molet

Monografías

A graza daquel verán

A graza daquel verán

No verán do ano 2007 caeu nas miñas mans un libriño editado pola editorial Sal Terrae, de André de Jaer, SJ, Cristo en lo cotidiano. Los Ejercicios Espirituales en la vida diaria. E animeime a emprender a tarefa de acoller a oportunidade de facer uns Exercicios Espiriturais na vida diaria durante o tempo que fose, tempo que en realidade chegou a ser algo menos dun ano. Para min foi unha graza especial.

Recollo nestes escritos algo do que fun vivindo durante este tempo. Compártoo con quen o queira ler e, se cadra, aproveitar, non como algo meu, senón como algo que pasou por min, pero que ten, coido eu, as súas orixes máis limpas no Deus da vida, no seu fillo benquerido Xesús e no seu Espírito.

12 € (IVE e gastos de envío incluídos)

 

Máis monografías

En números anteriores

Encrucillada publicou

CD cos 150 primeiros números

Consiga os 150 primeiros números de Encrucillada en formato PDF, indexados e con posibilidade de busca textual a partir do número 70. Solicíteo por correo electrónico ou postal ao prezo de 6 €.

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

Travesa de Vista Alegre, 21 - 1ºC

15705 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.es